Prisión para o mozo de Lugo acusado de violar unha menor o día de Aninovo
Publicado o 06/01/2021 15:55
O xuíz decretou prisión para o mozo de Lugo de 18 anos acusado de violar unha memor o día de Aninovo.
A presunta agresión sexual tivo lugar nun edificio do barrio lugués da Milagrosa. A moza, menor de idade, relatoulle o acontecido a unha amiga e esta alertou a familia.
Tras denunciar os feitos, a policía procedeu á detención do mozo, un estudante do que non constan antecedentes. Tras pasar a disposición xudicial, decretaron para el prisión provisional.