CRTVG

Buscar

Prisión para o home que matou a muller en Menorca en xuño de 2018

Publicado o 28/11/2019 20:38

Prisión sen fianza para o home acusado de matar a súa muller, á que atoparon morta nun jacuzzi, en Menorca.

Á policía levoulle un ano resolver o crime. Nun primeiro momento atribuíuse a morte a un accidente, pero despois os axentes atoparon indicios de que o home estaba implicado. O mércores detíverono e este xoves a xuíza enviouno a prisión, onde xa estaba desde agosto, porque tamén está acusado de matar unha parella anterior en Venezuela.

Noticias web

28/11/2019