CRTVG

Buscar

Prisión para o detido pola morte hai sete meses de Miriam Vallejo

Publicado o 17/08/2019 14:52

O detido esta semana polo asasinato en xaneiro dunha moza na localidade madrileña de Meco ingresou en prisión. A xuíza do caso acordou a súa reclusión provisional sen fianza tras interrogalo. O avogado da vítima indicou que o arrestado, que ten 29 anos e que compartía piso coa súa parella e coa finada, declarouse inocente. Mantén que á hora do crime estaba xogando cunha videoconsola. O corpo de moza, Miriam Vallejo, de 25 anos, que saíra a pasear os cans, apareceu con numerosas feridas de arma branca nunha zona de campo de acceso difícil a sete quilómetros da súa casa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019