CRTVG

Buscar

Prisión para dous dos detidos por violar unha menor nunha praia de Murcia

Publicado o 23/06/2021 08:13
Prisión para dous dos detidos por violar unha menor nunha praia de Murcia

Prisión provisional para os dous homes acusados de violar unha menor nunha praia de Águilas, en Murcia. A xuíza de garda deixou en liberdade un terceiro detido porque a vítima e unha testemuña descartaron a súa participación na agresión. Hai unha cuarta persoa investigada por non evitar o delito nin promover a persecución dos agresores. A vítima é unha moza de 17 anos. Coñecía algún dos homes, que, segundo denunciou, o domingo a atacaron e violaron cando estaba nunha praia e logo fuxiron.

Noticias web

23/06/2021