CRTVG

Buscar

Prisión para dous dos catro detidos por unha presunta violación grupal en Mallorca

Publicado o 08/07/2019 09:06
Prisión para dous dos catro detidos por unha presunta violación grupal en Mallorca

Prisión provisional comunicada e sen fianza para dous dos catro detidos por unha presunta violación grupal a unha turista nun hotel de Mallorca. Acúsaselles dun delicto de agresión sexual. A xuíza dicta liberdade provisional para os outros dous. Tres dos acusados foran detidos o xoves no aeroporto de Palma cando estaban a piques de coller un avión para Alemaña. Un cuarto home fora arrestado no transcurso das investigacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019