CRTVG

Buscar

Prisión para catro dos detidos en Ontinyent por violación en grupo

Publicado o 04/10/2020 09:44

O titular do Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Ontinyent (Valencia) acordou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para catro dos seis detidos pola violación en grupo a unha menor de 16 anos no concello de l'Olleria.

Os catro detidos están a ser investigados nunha causa aberta por un presunto delito de agresión sexual, abuso sexual contra a menor e omisión do deber de impedir delitos. O titular do xulgado de instrución decretou o segredo das actuacións. Dos outros dous detidos, un é menor de idade e pasou a disposición da Fiscalía de Menores. O sexto quedou en liberdade con cargos tras prestar declaración ante a Garda Civil, que investiga os feitos.

Nas portas dos xulgados congregáronse ducias de persoas que increparon os detidos e pediron para eles cadea perpetua.