CRTVG

Buscar

Prisión comunicada sen fianza para o home que agrediu a súa parella en Cangas

Publicado o 08/02/2019 21:30

Á primeira hora desta mañá pasaba a disposición xudicial en Cangas o home que supostamente agrediu a súa parella cun machete.

Ás dez da mañá e procedente da comandancia de Pontevedra, chegaba ao xulgado de Cangas o home de 55 anos que agrediu supostamente a súa parella, de 32. Os feitos aconteceron no domicilio que dende hai pouco compartían e en presenza da filla dela, de dez anos, e dunha amiga, que conseguiu fuxir. O home empregou un machete e escapou.

O home provocoulle un corte entre a orella e o queixo e unha ferida punzante na zona renal. Permanece ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e está estable dentro da súa gravidade. Ao home detivérono en Xinzo de Lima e localizárono grazas ás cámaras que hai na autovía. En Cangas houbo unha concentración ás doce desta mañá para amosar a repulsa por este feito.

O home contaba con antecedentes por violencia de xénero, segundo manifestaron fontes policiais.

Noticias web

08/02/2019