CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para o home que agrediu a súa ex-parella en Pontevedra

Publicado o 04/12/2019 17:01
Prisión sen fianza para o home que agrediu a súa ex-parella en Pontevedra

A titular do Xulgado de Instrución nº3 de Pontevedra acordou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home que presuntamente lle asestou a súa ex-muller varias coiteladas no seu domicilio do barrio de Monte Porreiro como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa.

Tamén decreta unha orde de protección a favor da muller e dos seus fillos pola que se impón una prohibición de comunicarse e a suspensión da patria potestade e do réxime de visitas e comunicacións cos menores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí