Prisión comunicada e sen fianza para o home detido por acosar menores na Coruña
Publicado o 19/01/2019 20:37
O xulgado de garda decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home prendido na Coruña por acosar menores en varias zonas da cidade. Trátase dun veciño de Santiago de trinta e seis anos que xa fora condenado en dúas ocasións anteriores por varios intentos de agresión sexual e por agresión sexual consumada a unha moza. Na Coruña, acumulaba unha ducia de denuncias de adolescentes ás que supostamente acosaba e intentaba realizar tocamentos. A detención produciuse onte grazas á colaboración dun grupo de mozos que escoitaron os berros da última vítima e conseguiron retelo ata que chegou a policía.