CRTVG

Buscar

A prisión e sen fianza o "caníbal de Guindalera" que despezou a súa nai

Publicado o 23/02/2019 21:45
A prisión e sen fianza o "caníbal de Guindalera" que despezou a súa nai

Alberto Sánchez, de 26 anos, compareceu ante a xuíza do Xulgado de Instrución número 7 de Madrid. Non deu explicacións do que pasou no domicilio da súa nai de 66 anos no Barrio da Guindalera, que está preto das Ventas e pertence ao distrito de Salamanca.

A maxistrada envíao a prisión comunicada e sen fianza e alí permanecerá ata que se celebre o xuízo, como mínimo dentro de ano e medio. O presunto homicida, porque ese é o delto que se lle imputa, co agravante de parentesco, tampouco declarou en sede policial.

Pero a sección de homicidios relatou con detalle, e consta en autos, que cando chegaron á casa da nai, que segundo unha amiga levaba un mes desaparecida, quen lles abriu a porta foi o agora alcumado "caníbal de Guindalera". Preguntáronlle por Soledad Gómez e frío e distante respondeulles que pasaran, que estaba dentro, falecida.

No momento da detención contoulles que a troceara, que a puxo en caixas e que el mais o can a foran comendo. No domicilio atoparon seis friameiras con trozos pequenos do corpo da nai. Nos colectores do lixo do edifico foi deixando restos de vísceras. Haberá que determinar, en función do sangue seco no chan e paredes, cando se produciu o homicidio.

Os primeiros indicios apuntan ata tres semanas atrás. Alberto Sánchez, orfo de pai desde a infancia, e cun irmán maior co que non tiña relación, ten doce antecedentes penais de maltrato á nai e varias ordes xudiciais de alonxamento.

Noticias web

23/02/2019