CRTVG

Buscar

Prisión comunicada e sen fianza para o acusado de intento de homicidio a un brigadista

Publicado o 31/07/2020 14:35

Prisión comunicada e sen fianza para o detido por dispararlle a un brigadista hai doce anos. Está acusado de intento de asasinato.

Miguel Martínez Campos declarou durante máis de dez horas nos xulgados de Ourense. O mércores a Garda Civil rexistrara as súas propiedades en Taboadela. Tamén a casa onde mataron os seus pais, un crime aínda por resolver do que tamén foi sospeitoso.

Noticias web

31/07/2020