CRTVG

Buscar

Principio de acordo para o PP e Vox en concellos onde suman sen apoios

Publicado o 07/06/2019 20:53

O Partido Popular e Vox chegan a un principio de acordo para gobernar nos concellos onde non necesiten o apoio de ningún outro partido para sumar a maioría suficiente.

Pactárono as dúas formacións políticas na xuntanza que mantiveron hoxe no Congreso dos Deputados durante algo máis de dúas horas. O acordo aféctalle a unha trintena de municipios. No resto de lugares, o PP seguirá negociando con Ciudadanos e con Vox por separado. Segundo o secretario xeral do PP, agardan que as medidas pactadas entre as tres formacións poidan confluír nun acordo de investidura.

 

Noticias web

07/06/2019