CRTVG

Buscar

Principio de acordo para poñer fin ao conflito entre percebeiros e bateeiros pola extración da mexilla

Publicado o 29/05/2020 21:15
Principio de acordo para poñer fin ao conflito entre percebeiros e bateeiros pola extración da mexilla

Os percebeiros de toda Galicia decidiron esta tarde aceptar a proposta da Xunta para reservar 50 km de costa para o percebe a cambio de permitir que os bateeiiros collan mexilla ata finais de xuño.

Pero a solución será provisional e só para evitar conflitos. Aceptarana a cambio de seguir negociando as zonas. Tamén queren un regulamento para a recollida da cría do mexillón. E que se regulen os horarios e o número de persoas que recollen mexilla. Os percebeiros queren que este novo regulamento se empece a negociar inmediatamente.

Noticias web

29/05/2020