Principio de acordo entre sindicatos e PSA-Citroën para reducir a carga de traballo
Principio de acordo entre os sindicatos e a dirección da fábrica viguesa de PSA-Citroën para aplicar medidas que reduzan a carga de traballo na cadea de montaxe da factoría de Balaídos.
Para mellorar o emprego, a empresa creará novos postos de traballo e internalizará temporalmente varias actividades das auxiliares de montaxe. Tamén poñerá en marcha un plan reforzado de rotacións. Empresa e sindicatos chegaron a un acordo durante a pasada madrugada e esta mesma mañá xa llelo explicaron aos traballadores. Citroën e sindicatos crearán unha comisión de seguimento que porá en marcha os acordos e que se reunirá unha vez cada semana durante o mes de xullo. A redución da carga de traballo na cadea de montaxe era a principal reclamación dos traballadores.