CRTVG

Buscar

Principio de acordo entre Facenda e sindicatos para subir o soldo dos funcionarios

Publicado o 08/03/2018 21:36

O minsterio de Facenda e os sindicatos chegaron a un principio de acordo para subir os soldos dos funcionarios ata un oito por cento en tres anos. O Ministerio decidiu mellorar a súa oferta e incrementar a parte fixa da suba salarial e permitir que as comunidades autónomas poidan negociar as 35 horas. Segundo o acordo previo, a nómina dos empregados públicos subirá este ano un 1,75% como mínimo. No 2019 un 2,25 e un 2% no 2020.  Ademais desa parte fixa, habería unha suba variable en función da evolución da economía española e do cumprimento dos obxectivos de déficit por parte das distintas administracións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018