CRTVG

Buscar

Principio de acordo entre EUA e A China para frear a guerra comercial

Publicado o 13/12/2019 08:42
Principio de acordo entre EUA e A China para frear a guerra comercial

Principio de acordo entre A China e os Estados Unidos para rebaixar a tensión comercial entre ambos os dous países. O presidente Donald Trump deu o seu visto e prace para cancelar algúns aranceis e rebaixar á metade outros que se ían aplicar ás importacións chinesas.

Os termos deste acordo está previsto que se asinen hoxe en Washington. A pesar disto, aínda hai pendente unha segunda fase da negociación comercial que se prevé que sexa máis complicada.

 

 

Noticias web

13/12/2019