CRTVG

Buscar

Primo Banksy estréase en Vigo coa volta ao cole en plena pandemia

Publicado o 22/09/2020 21:56

O mural apareceu nun recuncho da zona vella de Vigo, entre un colector de lixo e a escasa vexetación que se coa na cidade. Parece querer pasar desapercibido, pero interpela os cidadáns. Desta vez Primo Banksy parece inspirarse neste capricho de Goya e o resultado é este... unha estudante que abraza os seus libros, coa cadeira na cabeza no que parece a volta ao cole co coronavirus.

Este mural ten pegada galega, pero o seu autor emula o outro Banksy, o artista británico que revoluciona o mundo da arte. Teñen en común o anonimato , a creación de pezas efémeras e o emprego da arte como denuncia

Con esta nova pegada Primo Banksy invita agora, dende Vigo, a seguir espertando conciencias dende os muros.

Noticias web

22/09/2020