Primeiro sábado con galegos na feira en Portugal
Publicado o 04/07/2020 19:22
O sol acompañou neste primeiro sábado de feira en Vilanova de Cerveira dende que abriu a fronteira con Portugal, e xa se nota. Os galegos supoñen case o 70% da clientela destes postos, máis na época estival. Con todo, polo momento, hai menos visitantes do habitual.
Comerciantes e hostaleiros recoñecen que a apertura des fronteiras é un paso cara á recuperación económica, mesmo si esta é lenta.