CRTVG

Buscar

Unha praza de touros para presentar o primeiro prototipo de aerotaxi feito en España

Publicado o 15/07/2019 19:27

Os aerotaxis non son ficción científica. Esta mañá presentouse o primeiro prototipo feito en España. É totalmente eléctrico, pode facer percorridos de ata 15 minutos dentro da cidade e aparca no mesmo espazo que un coche.

A demostración do seu prototipo tivérona que facer na praza de touros de Donostia, porque de momento a lexislación non permite o voo destes aparatos non tripulados no espazo urbano. Pero din que niso tamén se está avanzando moito. 

Os investigadores vascos optaron por un modelo que permite o traslado dunha persoa, sen necesidade de condutor, para percorrer distancias de ata 15 quilómetros. Din que o seu está entre os dez prototipos punteiros que hai agora no mundo e contan que poida estar comercializado antes de cinco anos. Aseguran que se pode aparcar no espazo equivalente ao dun coche convencional, que é igual de cómodo, totalmente accesible e que co tempo poderemos acceder a el cunhas tarifas equivalente ás que agora pagamos cando nos movemos en taxi. 

 

Noticias web

15/07/2019