CRTVG

Buscar

Primeiro positivo por coronavirus dun usuario dunha residencia de maiores dende xuño

Publicado o 08/08/2020 14:52

Tras máis dun mes sen novos casos de coronavirus entre os usuarios das residencias galegas, detectouse un na residencia  Domusvi  Matogrande, na Coruña. Así o informaba este sábado o Sergas. Sería o primeiro caso desde que o 30 de xuño se declararan as residencias galegas libres do virus. Tamén hai dous traballadores contaxiados, un da residencia de Maiores San Bartolomeu, en Xove, e o outro na de Paradela. 

Noticias web

08/08/2020