CRTVG

Buscar

Pancho Casal (Marea Galeguista): "Somos a única formación que non ten as mans atadas"

Publicado o 29/06/2020 21:31
Pancho Casal (Marea Galeguista): "Somos a única formación que non ten as mans atadas"

O candiato de Marea Galeguista, Pancho Casal, aproveitou o seu primeiro minuto para presentarse: "Son Pancho Casal, candidato da Marea Galeguista e levo catro anos nun Parlamento que o PP amordazou".

"Nestas eleccións hai tres opcións, votar a Feijóo, para que siga desatendendo as necesidades do país, votar ao bipartito do señor Sánchez, ou votar a Marea Galeguista, que non deixa ninguén atrás porque somos a única formación que non ten as mans atadas".