CRTVG

Buscar

Ana Pontón (BNG): "Non esquezamos os verdadeiros heroes desta crise"

Publicado o 29/06/2020 21:28
Ana Pontón (BNG): "Non esquezamos os verdadeiros heroes desta crise"

Ana Pontón, a candidata do BNG, na súa primeira intervención dixo que "quero empezar lembrando as 619 persoas falecidas pola covid-19 no noso país, que despois dunha vida de duro esforzo foron abandonadas polas institucións, principalmente pola Xunta de Galicia".

"Esta crise amosounos as deficiencias que ten o trato aos nosos maiores, e a necesidade de modificar os sistema das residencias, pero tamén que foi a xente do rural, os caixeiros, foron os que manteron en pé o país, non os politicos, e tamén os sanitarios traballando en primeira liña. Non esquezamos os verdadeiros heroes desta crise".