CRTVG

Buscar

Primeiro hostal burbulla para pacientes de risco

Publicado o 01/12/2020 14:44

A súa chegada revolucionou a súa familia "o meu papá deulle un ictus cando eu era bebé, os médicos din que despertou porque me escoitou chorar". Nove anos despois, Carla segue revolucionando o seu contorno. Da súa preocupacion pola saúde do seu pai xorde a idea de reorientar o negocio familiar. 

"So temos duas opcións ou deixas de ir ao cole ou confinamos a papá, e nesta idea xorde o de confinalo con máis xente na mesma situación", explica  Noelia, propietaria do hostal e nai de Carla. Xa tiñan a idea..."converter o negocio familiar nun espazo seguro".

Agora había que darlle forma... o primeiro paso garantir que se trata dun refuxio seguro. "Haberá un protocolo de entrada, faraselles unha pcr, os primeiros dias de estancia serían con distancia e mascara ata repetir a pcr para estar ao cen por cento seguros", di Noelia.

Creado o grupo burbulla convivirían coma unha familia, incluído o persoal do hostal, que viviría confinado cos clientes. "Todo aquel que está só porque se está autoconfinando por medo a contaxiarse", engade a propietaria do hostal.

Para unha estancia mínima dun mes e con cabida para 24 persoas abre as súas portas este hostal burbulla.

Noticias web

01/12/2020