CRTVG

Buscar

Primeiro gol de Vero Boquete cos Utah Royals

Publicado o 26/03/2019 18:31

Apenas leva 20 días nos Estados Unidos e Vero Boquete xa é a líder dos Utah Royals. Demostrouno no segundo partido de liga, onde a santiaguesa logrou o seu primeiro gol con este maxistral lanzamento de falta.

Vero Boquete recalou nos Utah Royals para marcar goles e tamén para dar asistencias. Neste encontro deixou en bandexa dous goles para as súas compañeiras.

En 2011 a piques estivera de gañar a liga americana. Daquela fora recoñecida como a mellor xogadora do campionato. Agora, oito anos despois, Vero Boquete lidera os Utah Royals na procura de títulos.

 

 

Noticias web

26/03/2019