CRTVG

Buscar

Primeiro encontro entre Feijóo e Inés Rey para "desbloquear" proxectos na Coruña

Publicado o 29/07/2019 17:59

A primeira reunión entre o presidente e a alcaldesa foi construtiva, segundo as dúas partes. Inés Rey amosou a súa vontade de recuperar o diálogo e a lealdade institucionais.

"Pedinlle ao presidente que aumentásemos a periodicidade das reunións e a comunicación, que ten que ser fluída e afastada de posicionamentos partidistas ou de bloqueo ou conflito permanente que en nada axudan", asegurou a alcaldesa.

E este primeiro encontro serviu para desbloquear proxectos pendentes, como a estación intermodal, a construción dun ambulatorio no centro da cidade ou a ampliación do hospital. Feijóo afirmou que están estudando se agrandar o Chuac ou facer un novo edificio e que esa decisión non dependerá do custo.

"Volvemos asumir o compromiso de facer un novo hospital público na Coruña e o concello asume o compromiso de faciliar os accesos, as conexións de electriciade e saneamento e o solo. Nos podemos fallar nesta deción estratáxica", segundo o presidente.

Feijóo dixo que queren colaborar na creación dun polo industrial das Tecnoloxías da Información e a Comunicación na CoruñA así como facer de Elviña un ecobarrio. A idea é aproveitar o oleoducto de Repsol para conseguir un aforro enerxético de ata un 20% nas vivendas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2019