CRTVG

Buscar

Primeiro día sen bares polo peche forzoso en Cataluña

Publicado o 17/10/2020 19:53

Cataluña vive o primeiro dos quince días de peche forzoso de bares e restaurantes para frear os contaxios. A Generalitat publicou a orde sen agardar o visto e prace do Tribunal Superior de Cataluña, que acabou validándoa horas despois. A partir da medianoite os propietarios dos locais recolleron o mobiliario e as terrazas e baixaron as pesianas. Algúns optan polo servizo de comida a domicilio.

 "Antes nós montar terraza fóra pero despois con este tema nós pechar todo, hoxe só vendermos cousas para levar e nada máis" "Onte pensabamos que non iamos facer máis do habitual pero vendeuse bastante a verdade"

O propietario deste restaurante de Cambrils chamou aos clientes que tiñan reserva para avisalos de que o local estará pechado os próximos quince días. "Si que debido á pandemia pecháronos e non lle podemos facer o que nos pediron"

O sector da restauracion calcula perdas duns 900 millóns de euros e fala de sentenza de morte.
 Dono restaurante "Temos perdas enormes, despois a economía non vai demasiado ben, non temos ningunha axuda, a metade das persoas que teñen establecementos quedarán sen poder continuar"
O goberno catalán aprobará nos próximos días un decreto lei de axudas económicas.


 

Noticias web

17/10/2020