CRTVG

Buscar

Primeiro día en Asturias de peche da actividade non esencial

Publicado o 04/11/2020 14:30

O colexio, o supermercado, o salón de peiteados ou a farmacia son algunhas das actividades que se manteñen na rutina diaria dos asturianos.

"Cambias a rutina e xa está". "Somos pastelería, podemos despachar pan e pasteis, non a cafetería". "De momento, confinamento non temos".

O resto da actividade considerada non esencial amencía así. "É desolador ver a hostalería e comercio pechado". "Si, están pechados, pero aqui a maioría son negocios de alimentación".

As restricións flexibilizábanse para algúns negocios coma as administracións de lotaría que si poden seguir abertas.

"Había moito desconcerto, non se sabía tiñamos medo a que nos pecharan moito tempo e estamos coa lotaría do Nadal".

As restricións asfixian a hostaleiros e comerciantes que reclaman medidas fiscais e axudas directas.

Noticias web

04/11/2020