CRTVG

Buscar

Primeiro día de rexistros para os viaxeiros que cheguen a Galicia dende as zonas máis afectadas pola pandemia

Publicado o 29/07/2020 07:59

• Son cinco comunidades autonómas: Cataluña, Aragón, Navarra, A Rioxa e o País Vasco

• Tamén máis dun cento de países, entre os que está Portugal, pero tamén A Arxentina ou O Brasil

• Preocupación na raia polos efectos dos rexistros

É obrigatorio, tanto para turistas como para galegos que volvan á casa. Hai 24 horas para anotarse. O incumprimento da norma suporá multas, que poden chegar aos 15.000 euros no caso de provocar un foco de contaxio.