CRTVG

Buscar

Primeiro día de folga indefinida na xustiza galega

Publicado o 07/02/2018 14:58

 

Primeiro día da folga indefinida convocada na xustiza galega. Os sindicatos cifran en setecentos os actos xudiciais suspendidos e falan dun seguimento do paro do 90 por cento. A Xunta rebaixa a cifra ao 39 por cento e di que se suspenderon 160 xuízos. O principal escollo na negociación está na suba salarial que piden os funcionarios.

Os xulgados galegos viviron prácticamente paralizados a primeira xornada de folga indefinida convocada polos sete sindicatos con representación no sector galego da xustiza, que cifran en setecentos os actos xudicias cancelados polo paro.

Piden o mantemento do emprego, o abono do cen por cento do salario por baixas e unha suba que os equipare, din, co resto do estado. 

O funcionarios piden un 16% de suba. A  Xunta insiste en que é inasumible e ofrece subir os salarios entre 660 e 900 euros ao ano.

Os sindicatos discrepan coas contas que fai a Xunta sobre esa suba salarial e piden unha negociación real. Cifran o paro entre o 85 e o 94 por cento, segundo as cidades. A xunta rebaixa a cifra ao 39 por cento e di que se suspenderon 160 xuízos en Galicia

Noticias web

07/02/2018