CRTVG

Buscar

Os veciños de Conxo felicitan a administración de lotarías tras repartir dez millóns de euros

Publicado o 10/06/2019 13:03

Pouco a pouco van coñecéndose algúns dos afortunados que mercaron décimos premiados no Sorteo da Lotaría Nacional do sábado e que se vendeu integramente na Administración número 13 do barrio compostelán de Conxo. O 57.806 trouxo 10 millóns de euros a Santiago e arredores. Entre os premiados, o propietario dun bar próximo, que quedou con dous décimos e que tamén repartiu a sorte porque vendeu 9 billetes a clientes abonados.

Manuel Puente volveu madrugar hoxe para abrir o seu bar, o Pajueleira, no barrio compostelán de Conxo, e segue traballando pero co ánimo renovado. E é que o sorteo da Lotaría Nacional do sábado deulle unha alegría: dos 11 décimos que vendeu do 57.806 agraciado co primeiro premio, no bar quedaron con 2.

Manuel é un dos abonados a este número que vendeu integramente a Administración nº 13 situada na avenida de Ferrol. En total 10 millóns de euros, moi repartidos, a 100.000 euros por décimo.

Esta administración, a pesar do seu número, xa repartiu sorte en 9 ocasións con premios importantes. Agardan que siga a boa sorte e tamén os clientes que non foron agraciados desta volta.

Ao ser o primeiro día laborable tras o sorteo, desde que abriron pola mañá, foron moitos os veciños que se achegaron para felicitar aos loteiros, e tal vez algún para aradecerlles o premio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019