CRTVG

Buscar

Primeiro campionato de salto de pozas, curioso concurso celebrado en Vigo

Publicado o 26/01/2019 21:55

80 persoas ataviadas coas súas mellores galas participaron esta tarde en Vigo nun concurso ben curioso. Campionato de salto de pozas onde un xurado elixiu o vencedor de cada categoría atendendo varios criterios: a vestimenta, a ilusión no salto e a cantidade de auga salpicada. Non sabemos se gozaron máis os nenos ou os maiores.

De seguro que todos saltamos algunha vez nunha poza e algunha rifa recibiríamos por elo. En Vigo celebrouse o primeiro campionato de salto de pozas solidario. Ademais de repartir mil euros entre os gañadores houbo outros mil para donativos ás ONGS que elixiron os vencedores.

Había catro categorías e os participantes ían dende os cinco ata os 75 anos. O xurado valorou a ilusión e as gañas de saltar, a vestimenta e o moito que salpicaron co salto. Iso calculárono grazas a un salpicómetro.

Dado o éxito do concurso e de que quedou moita xente sen pode rparticipar, anuncian que haberá unha segunda edición de salto de pozas. As doazóns dos vencedores foron para Bicos de Papel, Difusión felina e Axuda en Acción.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2019