CRTVG

Buscar

Primeiro adestramento de Rubén de la Barrera co Deportivo

Publicado o 13/01/2021 13:49

Rubén de la Barrera, que o vindeiro luns fará 36 anos, fíxose cargo do equipo desde esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo co obxectivo de lograr o ascenso. O novo adestrador deportivista iniciou a súa carreira con 25 anos en Terceira División despois de pasar por diferentes equipos do fútbol afeccionado da Coruña.

Na cuarta categoría do fútbol nacional dirixiu o Villaralbo, despois pasou polo Guijuelo en Segunda B e logrou clasificar ao equipo para un 'playoff' de ascenso á Segunda, en que foi eliminado polo Leganés.

Entre as súas dúas etapas no equipo de Guijuelo, dirixiu o filial do Valladolid e, posteriormente, estivo á fronte da Cultural Leonesa, coa que ascendeu á categoría de prata.



 

Noticias web

13/01/2021