CRTVG

Buscar

Primeiro adestramento de Murillo co Celta

Publicado o 16/01/2020 14:42

O Celta presentou esta tarde a Jeison Murillo. Esta mañá fixo o seu primeiro adestramento.

O central colombiano reforza a zaga do Celta, unha zaga que ao longo da campaña destacou pola súa debilidade.

Murillo chega da liga italiana, da Sampdoria. Ten experiencia na Liga española en equipos da categoría do Barcelona e do Valencia.

Murillo chega cedido con opción de compra de quince millóns de euros cando remate a temporada. Ata podería debutar en San Mamés coa camiseta do Celta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020