CRTVG

Buscar

Primeiro acto público dos candidatos demócratas Joe Biden e Kamala Harris xuntos

Publicado o 13/08/2020 08:39

O candidato demócrata á presidencia dos Estados Unidos, Joe Biden, e a súa compañeira para a vicepresidecia, a senadora Kamala Harris, fixeron a primeira aparición pública xuntos nun acto en Delawere.

Biden presentou a Harris dicindo que a historia dela é a historia dos Estados Unidos. Salientou que é filla de inmigrantes, que sabe como as familias de inmigrantes enriquecen o país e os desafíos que supón crecer como persoa negra e indio-estadounidense.

Kamala Harris dixo que se sente incriblemente honrada pola responsabilidade que supón que a elixiran como aspirante á vicepresidencia dos Estados Unidos. A senadora demócrata empezou a intervención con palabras dedicadas ás mulleres que lle axudaron a chegar ata esta posición.

Noticias web

13/08/2020