CRTVG

Buscar

Primeiras viaxes ás illas Cíes con motivo do comezo da primavera

Publicado o 23/03/2019 15:36
Primeiras viaxes ás illas Cíes con motivo do comezo da primavera

Unhas trescentas persoas viaxaron ás illas Cíes este sábado e mañá está previsto que o fagan outras tantas nas viaxes organizadas pola navieira Mar de Ons, aproveitando a bondade do clima deste marzo. Nestas escapadas ofrécense excursións de ida e volta ás illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas, con saídas matinais desde os portos de Cangas e Vigo e regreso ao mediodía ou a media tarde.

Con estes, son xa 20 as viaxes realizadas aproveitando as fins de semana e as datas festivas, como foi na festividade de san Xosé, con máis de 2.300 persoas transportadas, que unha vez en terra teñen ruta guiada en español e inglés para os estranxeiros.Como na festividade de San Xosé, as navieras que operan no Parque transportaron a máis de 2.300 persoas que unha vez en terra teñen rutas guiadas, en inglés para os estranxeiros.

Noticias web

23/03/2019