CRTVG

Buscar

O hospital de campaña de Ifema agarda contar con UCI a partir de hoxe

Publicado o 01/04/2020 08:24

Prevese que hoxe entren en funcionamento as primeiras camas de coidados intensivos no hospital de campaña de Ifema, que busca aliviar os recursos sanitarios dunha comunidade ao límite. Alí xa morreron máis de 3.500 persoas coa COVID-19.

Hai 850 pacientes ingresados neste hospital de campaña de IFEMA, no que se agarda que hoxe poidan entrar en funcionamento as primeiras camas de UCI.

O xefe dos expertos na COVID-19 da Organización Mundial da Saúde eloxiou as instalacións: "Lembroume o que vin na China, dixo, instalación creadas moi rapidamente para atender doentes, pero isto é diferente, porque na China trataban pacientes leves e aquí estades tratando con pacientes moi enfermos, complicados".

Con máis de 27.500 doentes confimados, a sanidade madrileña continúa ampliando recursos contra o reloxo. Xa está en funcionamento o hospital de campaña instalado polo exército canda o Gregorio Marañón, e as forzas armadas tamén traballan para poñer en funcionamento o andar de coidados intensivos do hospital Gómez Ulla. A presión asistencial e a falta de recursos poñen a proba os sanitarios.

A situación límite agudiza o enxeño dos profesionais, que xa foron alcumados pola prensa internacional como "os sanitarios kamikazes". Todo vale para frear os falecementos: máis de 3.600 persoas morreron en Madrid coa covid-19.

Noticias web

01/04/2020