CRTVG

Buscar

Primeiras reaccións dos diferentes partidos e líderes políticos

Publicado o 03/10/2017 22:12

Os diferentes partidos políticos e os seus dirixentes expresaron a través das redes sociais e de diferentes comunicados unha primeira reacción ao discurso do monarca.

Desde o Partido Popular destacan o "compromiso de Filipe VI coa Costitución, coa democracia e coa unidade de España".

No PSOE botaron en falta no discurso do rei "unha chamada ao diálogo coas autoridades da Generalitat".

Pola contra, o líder de Podemos expresa que "como presidente dun grupo parlamentario dígolle non ao rei non votado, non en noso nome".

Desde Ciudadanos, Alber Rivera destaca que "o rei deu a cara por todos".



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2017