CRTVG

Buscar

Aviso amarelo polas primeiras nevaradas na montaña luguesa

Publicado o 07/11/2019 20:09

A montaña luguesa encóntrase en alerta amarela por nevaradas. Polo momento nevou en cotas superiores aos 1.000 metros, aínda que a neve non causou ningún tipo de problemas na circulación por estrada. Malia todo, as quitaneves están preparadas para actuar en canto sexa preciso.

"Estamos aquí dende primeira hora da mañá, porque a previsión era que nevara bastante, pois estamos en alerta amarela. De momento, xa vedes que caeu pouca, pero ao longo da tarde dan máis, polo que estamos pendentes do que poida pasar".

Trátase das primeiras nevaradas da tempada, que foron ben recibidas por veciños e visitantes. De feito, mesmo hai peregrinos que procuran programar a ruta para que coincida coa neve.

"Estivemos esperando a que houbera previsión de neve e a que terminasen as festa da nosa aldea. Pospuxemos o Camiño ata o día de hoxe".

"Viñemos para facer o Camiño. É a primeira vez que estamos aquí e non esperaba encontrar tanta neve, así. Mais é bonito, moi bonito. Agradoume moito".

"É a primeira do ano, o primeiro día que neva este ano. Ao mediodía nevou bastante e agora está pasando, pero esta noite esperamos neve e mañá tamén. E despois, para a semana que vén, moita".

Prevese que a cota de neve descenda nas horas vindeiras ata os 800 metros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019

Máis sobre lugo