CRTVG

Buscar

Primeiras imaxes do Apalpador gravadas con cámara oculta no Courel

Publicado o 18/12/2019 13:19

Os feitos sucederon a medianoite nun souto do Courel. Este veciño filmaba a fauna salvaxe da montaña cunha cámara de observación nocturna. Por alí pasaron corzos, raposos, xabarís... ata o mesmo oso pardo, un habitante máis da serra nos últimos anos.

Pero a verdadeira sorpresa chegou a continuación. Un home enorme con bata de carboeiro e barba roxa, non había dúbida, era o Apalpador! E non ía só. Seguíao un trasno. E os dous ían camiño das aldeas.

Nunca antes se viran imaxes do Apalpador no seu medio natural. Un documento para a historia co que lles desexamos unhas máxicas e felices festas de Nadal!