CRTVG

Buscar

A Revista

Primeiras imaxes das 36 crías de panda nacidas en 2017 no Centro Chinés de Investigación e Protección desta especie

Publicado o 13/10/2017 13:17

Hoxe, por fin, puidemos ver xuntas 36 crías de oso panda que que naceron este ano no Centro Chinés de Investigación e Protección de Pandas Xigantes.

Estas son as tenras imaxes da súa presentación pública. Como entre os nacidos durante este 2017 hai varias parellas de xemelgos, os coidadores tiveron que axudar as nais. Cada unha das femias panda só é quen de coidar dun dos seus cachorros. No centro especializado de Sichuan déronlles a mellor das atencións e así de sans e xogadores se presentaron ao mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

13/10/2017