Primeiras imaxes da cara oculta da lúa ofrecidas pola sonda chinesa que vai analizar o relevo desa zona
Publicado o 12/01/2019 10:37
Por vez primeira van poder ver a cara oculta da lúa. A China permitiunos contemplar o vídeo da súa aluaxe. É so unha secuencia, pouco cinematográfica quizais pero co valor de seren imaxes nunca vistas dunha paraxe desolada chea de cráteres do lado mais afastado da lúa. O principal obxectivo da sonda chinesa é, precisamente, analizar o terreo e o relevo desa zona.