CRTVG

Buscar

Primeiras doses da vacina en Vigo para as persoas con 50 e 51 anos

Publicado o 06/06/2021 14:47

Sen présa pero sen pausa. Así se traballa nunha xornada de vacinación masiva na que están citadas no IFEVI unhas 10.600 persoas.

Porque o obxectivo é chegar ata este posto de vacinación no menor tempo posible. Para conseguilo fan falla moitas persoas. As que informan e reorganizan as filas, as que chequean os datos e as enfermeiras que nunha sala á parte cargan as vacinas en tempo récord.

E sen tempo que perder, os encargados de abastecer os postos móvense dun lado a outro para que as enfermeiras que inxectan non teñen esperas. O traballo en equipo finaliza coa picada ás persoas que hoxe están citadas.

E tras a inxección toca esperar uns quince minutos. Hoxe os chamados a vacinarse reciben a súa primeira dose.

E así termina un proceso que se repite cada día neste Instituto Feiral de Vigo. Pero non todos os días son iguais nin tampouco as historias. Hoxe quedamos con esta, co cariño dos que atenden e co optimismo dos que o reciben.

Noticias web

06/06/2021