Primeiras denuncias en España por incrustar dixitalmente caras en vídeos pornográficos
As novas tecnoloxías propician o aumento de delitos sexuais na internet. Uns deles son os relacionados cos chamados 'deep fake', videos manipulados dixitalmente. En Castellón xa se rexistraron as primeiras denuncias por aparecer involuntariamente en vídeos pornográficos, producidos cun programa informático que incrusta unha cara nunha escena erótica.O mal uso da tecnoloxía ofrece outras posibilidades, no terreo dos delitos. O que máis aumenta, o 'stalking', un acoso obsesivo que agora se traslada a Internet ou o whatsapp. Ou o sexting: compartir sen permiso fotos ou videos de carácter sexual.
Francisco Javier Ayuso, capitán da Policía Xudicial da Garda Civil en Castellón, asegura que "hoxendía hai editores de video que permiten sen custe a edición de videos con este contido. Sobre todo a xente nova é moi hábil neste tipo de cousas e fanas case perfectas"