Compras para preparar os menús do Nadal: a pandemia enche de dúbidas os carros
Outros anos, por estas datas, as mentes máis previsoras xa tiñan ben clara a lista da compra para os menús das festas. Pero o 2020 trae un Nadal algo incerto.
Moita xente non sabe aínda cantos comensais se sentarán á mesa. Dis que "sempre nos reuniamos toda a familia, pero este ano nada, hai que ir aos pouquiños".
Porque o Nadal será atípico, pero o que non varían moito son os menús. Hai quen xa fixo reservas, e parece que os ingredientes dos pratos serán os clásicos.
Os comerciantes din que xa se fixeron encargas de cordeiro e de capón, e nos postos de peixe tamén están xa preparando as reservas de marisco.
Sexa como sexa, este ano o que máis preocupa non vai ser o que comamos, senón con quen comamos. Por iso hai quen opta por non romper a cabeza e pensar no importante.
Por iso hai quen deixará a celebración de verdade "para cando pasen as festas".
Aínda quedan moitos días para idear menús e mercar os alimentos protagonistas dunhas festas de Nadal marcadas pola pandemia.