Primeira xuntanza para actualizar a Axenda Social Única de Galicia
Primeira xuntanza para actualizar a Axenda Social Única de Galicia, asinada coa Fegamp e as entidades sociais. O Goberno galego busca acordos con todos para poñer en marcha medidas que atendan as necesidades dos galegos máis vulnerables.
Atenden o mandato do Parlamento galego que insta a renovar a Axenda Social Única de Galicia. Falan de dependencia, inclusión, emprego ou vivenda. Os concellos din que son a porta de entrada dos que pasan por situacións de necesidade e demandan menos burocracia e máis persoal para atendelos.
O presidente da Fegamp, Alberto Varela, di que insistirá "na necesidade de reforzar o persoal dos servizos sociais dos concellos porque cada vez estamos saturando máis o traballo".
Cos logros e as eivas das medidas postas en marcha ata agora, a Xunta busca acordos para mantelas ou reordenalas. Tamén orzamento. Reclámalle ao novo Goberno que atenda a Lei de dependencia.
A conselleira de Política Social fala de "douscentos millóns de euros que o Goberno central nos debe cada ano a Galicia para pagar a factura das persoa dependentes. A día de hoxe, a Xunta de Galicia asume as tres cuartas partes do custo da dependencia".
Nos últimos catro anos implementáronse o 96% das medidas comprometidas na anterior Axenda Social Única, cun investimento de 162 millóns de euros.