CRTVG

Buscar

Primeira xuntanza entre o PSdeG e o PP en Ourense para a gobernabilidade da cidade

Publicado o 07/06/2019 20:53

Na cidade de Ourense seguen os cantactos que iniciou o PSOE, o partido máis votado, con 9 concelleiros, para intentar formar un goberno estable. Pola mañá, o candidato Rafael Villarino mantivo unha xuntanza con Gonzalo Pérez Jácome de Democracia Ourensana. E pola tarde foi a vez do Partido Popular na primeira xuntanza co actual alcalde en funcións, Xesús Vázquez, e o seu equipo. Os dous aseguran que teñen posibilidades de gobernar, pero desbotan unha gran coalición. Con todo, din que o diálogo iniciado é positivo ao tempo que buscan puntos de acordo. Segundo aseguran, todas as posibilidade abertas. E empránzanse para unha nova xuntanza a vindeira semana.

Noticias web

07/06/2019