CRTVG

Buscar

Primeira vitoria do Barcelona coma visitante

Publicado o 28/09/2019 22:30

Os cataláns gañan en Xetafe con goles de Luis Suárez e Junior

En Xetafe, o Barcelona puxo o mono de traballo para conseguir a primeira vitoria coma visitante desta Liga. De feito hai que remontarse ao 23 de abril en Mendizorroza para lembrar o seu último triunfo fóra da casa.

Coa novidade de Carles Pérez no equipo titular no lugar de Dembelé, baixa de última hora por problemas físicos.

O Xetafe, coma sempre, propuxo un partido intenso, incómodo para un Barcelona que sufriu choques deste tipo nas catro saídas anteriores.

Angel puxo a proba a Ter Steggen o último defensor e o primeiro atacante do equipo. Súa foi a asistencia coa que Luis Suárez adiantou aos de Valverde a tres minutos para o descanso.

Terceiro gol do uruguaio no campionato, curiosamente no momento no que está a ser máis discutido.

O propio Suárez, incluso, estivo a piques de pechar o partido antes de marcharse ao vestiario aproveitando un gran pase de Carles Pérez.

Un Carles Pérez protagonista no inicio do segundo tempo cun disparo rexeitado por Soria, o balón queda solto e Junior Firpo aproveita para marcar o seu primeiro gol como barcelonista. O lateral resarcíase do erro que orixinou o primeiro gol en Granada.


A expulsión de Lenglet no minuto 81 animou aos madrileños, que dispuxeron de dúas ocasións nas que Ángel e Molina cabecean alto.

Pero por primeira vez nesta temporada no Campionato, o Barcelona remataba o encontro sen apañar ningún gol en contra.

Noticias web

28/09/2019