CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Primeira sentenza en Galicia que obriga o Popular a reembolsar cartos a un accionista

Publicado o 07/05/2018 20:52





Primeira sentenza en Galicia que anula a compra de accións do Banco Popular. Unha xuíza de Vigo acusa a entidade de ofrecer unha información inexacta do estado das súas contas na última ampliación de capital. Ordena devolverlle a unha familia de Pontevedra os 3.000 euros que investiran na entidade.

Unha nai e un fillo do Val Miñor compraron en 2016 accións do Popular por valor de 2.900 euros. Deron por boas as contas da entidade, que, porén, un ano despois entraba en crise e acababa absorbida polo Santander. Unha xuíza de Vigo ordena agora que se lle devolvan os cartos con xuros.

Explica Pérez Lema que o Popular subestimou a deterioración da súa carteira inmobiliaria: calculara perdas de 2.000 millóns que acabaron sendo máis do dobre.

Calcúlase que o 75% dos accionistas que participaron na ampliación de capital do 2016 foron particulares ou pequenos empresarios, moitos deles clientes galegos do Banco Pastor.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

07/05/2018