CRTVG

Buscar

Primeira reunión de Pedro Sánchez con sindicatos e patronal

Publicado o 14/06/2018 09:13

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, recibiu os representantes dos empresarios e os sindicatos para manter a súa primeira reunión con eles como xefe do Executivo. Tras o encontro, os sindicatos insistiron na necesidade de modificar a reforma laboral, a patronal mostrouse disposta a mellorar a lexislación nesta materia e o Goberno dixo que fará retoques, pero sen derogala.

É a primeira reunión de traballo de Pedro Sánchez cos representantes dos axentes sociais para tratar, entre outras cousas, os cambios laborais que quere facer o Goberno. Os sindicatos dixeron que cómpre modificar a reforma laboral e na patronal mostráronse dispostos a mellorar a lexislación.

Tamén asistiu a esta reunión a ministra de Traballo, que percibe boa sintonía para facer cambios laborais, para a mellora dos salarios ou a suba das pensións.

amén falaron de impulsar a igualdade no traballo entre homes e mulleres. E sindicatos e patronal avanzaron que están preto do acordo sobre a suba salarial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2018