CRTVG

Buscar

Bos días

Primeira promoción de persoas con discapacidade especialistas en 3D

Publicado o 20/02/2013 09:25


Despois de tres anos de estudo, once mozos galegos con discapacidade acaban de recibir o diploma que os acredita como especializados en animación 3D. Comezaron esta andaina na procura dunha vocación profesional e xa soñan con traballar no sector audiovisual.

A súa curtametraxe de fin de estudos é un conto en que Papa Noel muda de oficio polo máis lucrativo da publicidade, ocasión que os Reis Magos aproveitarán para aumentar o seu negocio. Prácticas habituais dun mercado laboral no que estes mozos queren entrar pola porta das novas tecnoloxías.

É a carta de presentación que demostra que poden traballar en calquera eido do sector. Por iso comezaron a estudar hai tres na Fundación Averhó, que traballa formando persoas con mobilidade reducida para que atopen emprego. A primeira promoción está lista e os 15 da seguinte piden paso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

20/02/2013